Política de cookies
Última actualización: 12 de xullo de 2026
1. Que cookies usamos
MeuGando usa exclusivamente cookies técnicas propias, imprescindibles para que o sitio e a aplicación funcionen: manter a sesión iniciada e protexer os formularios contra falsificacións de petición (CSRF). Este tipo de cookies está exento de consentimento conforme ao artigo 22.2 da LSSI-CE e aos criterios das autoridades de control, polo que non amosamos banner de cookies.
| Nome | Finalidade | Duración |
|---|---|---|
| meugando_session | Identificar a sesión da persoa usuaria (técnica, propia). | 2 horas de inactividade |
| XSRF-TOKEN | Protexer os formularios contra ataques CSRF (técnica, propia). | 2 horas |
| remember_web_* | Manter a sesión iniciada cando se marca «Lémbrame» ao entrar (técnica, propia). | Ata 400 días ou ata pechar a sesión |
2. Cookies de terceiros e analítica
Non usamos cookies de terceiros, nin de publicidade, nin de analítica. Se nalgún momento se incorporase algunha ferramenta que as requira, actualizaríase esta política e solicitaríase o consentimento previo que corresponda.
3. Como desactivalas
Podes bloquear ou eliminar as cookies desde a configuración do teu navegador. Ten en conta que, ao ser cookies estritamente técnicas, bloquealas impedirá iniciar sesión e usar a aplicación con normalidade.